luns, 13 de maio de 2024

Radiopatio

Radiopatio



O pasado martes, 7 de maio, celebrouse a primeira sesión de Radiopatio do Barbón. Os nenos e nenas de 5º de primaria A estiveron a traballar nun guión, que despois puxeron en práctica con grande éxito, pois a audiencia non era pouca.

Esperamos que este sexa o primeiro de moitos programas de Radiopatio e que desfrutarades moito.

domingo, 5 de maio de 2024

Semana do libro no Barbón




Que semana do libro tivemos este ano!

O 23 foi o día do libro, e os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria apadriñaron ó resto do alumnado. Aproveitando que ía bo tempo, baixamos ó patio para lerlles os libros que estiveran preparando e todos desfrutamos moito dese momento de lecer e ler.

Esa semana tamén tivemos a visita de Iria Misa, que lle veu contar ó alumnado de 5º e 6º moitas cousas interesantes sobre o seu libro Unha veciña de película, que estiveron lendo durante este curso.

Ademais, tamén veu Oli, escritor de Leocadio, o león, libro que leron os nenos e nenas de 2º de primaria e que puideron desfrutar dunha charla moi amena con el.

Como vedes, unha celebración ben cargada de emocións.

Unha aperta de Bufino!


venres, 22 de marzo de 2024

Valoración da biblioteca


Boas a todas e todos!

Bufino quere saber como o estamos a facer o equipo de biblioteca, e para iso queremos deixarvos por aquí unha enquisa onde podedes expresar a vosa opinión, facer achegas, propostas de mellora, etc., sobre a biblio do Barbón.

Biblioteca de Bufino (google.com)

Moitas grazas pola vosa colaboración! 😊




mércores, 20 de marzo de 2024

Ledicia Costas

 


Ledicia Costas veunos visitar o venres pasado ós alumnos e alumnas de 4º de primaria. Falounos un pouco dos seus gustos, de por que escribe libros coa temática de pantasmas, vampiros, etc., e tamén estivemos a falar do libro que limos entre todos e todas, VAMPIRA DE BIBLIOTECA!

Despois, asinounos os libros e marcapáxinas que tiñamos e ata tiña un selo súper chulo do libro!

Moitas grazas por vir, Ledicia!

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Biblioteca dixital

A biblioteca dixital chega ó García Barbón!


Aquí vos deixamos a páxina de acceso e máis o manual para poder obter libros do catálogo dixital que pon á nosa disposición a Xunta de Galicia e que podedes empregar co usuario e contrasinal proporcionados.

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/?locale=gl

https://drive.google.com/file/d/12RKEGZHLZCV3ZaVC1iDLcchp-3I4Pglv/view?usp=drive_link

Esperemos que disfrutedes moito da lectura dixital,

O equipo de Biblioteca.