Bufino segue a recibir imaxes dalgúns dos retos que propuxo! Grazas Lena, Clara e Julia por participar! Un biquiño de parte de Bufino.
luns, 27 de abril de 2020
HISTORIAS DE TÍTULO
Alumnos/as de 4º A de Primaria quixeron compartir con nós unha actividade moi orixinal. Monstráronnos cales eran algúns dos seus libros favoritos a través dunha pequena historia a partir dos seus títulos. Moitas grazas nenos/as por este traballo e non perdades nunca ese gusto pola lectura.
Preme na imaxe para acceder aos vídeos. |
venres, 24 de abril de 2020
MÁIS CONTOS PARA ESTES DÍAS
Queremos pechar esta semana do libro cunha serie de ligazóns. Botádelle unha ollada que seguro que atopades cousas moi interesantes!
Por outra banda, o blog do autor Antonio García Teijeiro, onde poderedes mergurllarvos de cheo na súa poesía a través de diferentes vídeos da man do propio autor. Moitas grazas Antonio por achergarnos, unha vez máis, aos teus versos.
E, por último, para os amantes da banda deseñada, deixamos un blog no que atoparedes diferentes títulos que poden ser do voso interés.
Recordade sempre que ler é soñar cos ollos abertos.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!
FELIZ SEMANA DO LIBRO!
xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
CONTACONTOS PROFE ALMUDENA
Que mellor forma de celebrar a semana do libro que cun contacontos para os máis pequenos/as por parte da nosa compañeira Almudena Janeiro. Mariluz Avestruz contado con moitas sorpresas, ídesvolo perder? Moitas grazas compañeira por prestarte a facer estas cousas!
martes, 21 de abril de 2020
DE RETO EN RETO
Adai un alumno de 4º EP A quixo compartir con nós un dos seus libros favoritos, respondendo ao reto de Bufino... pero fíxoo dun xeito moi especial, codificou o seu título! Seguide as súas instrucións para dar co libro. Non dubidedes en escribirlle a Adai as vosas respostas.
CURTAMETRAXE PARA O FOMENTO DA LECTURA
Pode un libro transformar as nosas vidas? Animámosvos a ver esta pequena curtametraxe na que descubriredes como moitas veces un libro é capaz de axudarnos a redescubrir o mundo, potenciar as nosas calidades e, incluso, nos indican o camiño a seguir.
luns, 20 de abril de 2020
RETOS SEMANA DO LIBRO
Bufino volve traer consigo unha serie de novos retos para realizar nesta semana do libro. Estades preparados/as? Animádevos a participar nalgunha ou en todas as actividades propostas.
Reto #1 | E ti, que les? Enviádenos ao enderezo electrónico unha foto ou un debuxo do libro que esteades a ler nestes días de confinamento... ou do voso libro favorito!
Reto #2 | Elaboración de marcapáxinas. Deixade voar a vosa imaxinación e co material que teñades na casa, elaborade uns marcapáxinas para empregar nos vosos libros.
Reto # 3 | Pequenos/as artistas. Aquiles o puntiño, un conto con texto de Guia Risari e ilustracións de Marc Taeger, ideal para aprender as partes do corpo e os sentidos. Neste vídeo, Olalla González relata a historia mentres o seu ilustrador acompaña a narración con debuxos moi coloridos. Serás ti quen de facer o mesmo? Escoita a historia e ao mesmo tempo vai debuxando...
Non esquezades enviar as vosas fotos, tanto do marcapáxinas como da vosa obra de arte, ao noso enderezo electrónico: barbonbiblio@gmail.com
domingo, 19 de abril de 2020
luns, 13 de abril de 2020
RETO # 3 - CREANDO BUFINOS
Creando Bufinos. A nosa mascota Bufino quedou no cole coidando da biblioteca durante estes días. Que vos parece se lle agradecemos esta labor facendo unha manualidade? Aproveitando diferentes materiais de refugallo que atopedes pola casa, teredes que crear ao noso moucho Bufino poñéndolle todo aquilo que se vos ocorra...
Cando volvamos ao cole, faremos unha exposición de todas as vosas creacións. Mentres tanto, se queredes, podedes facernos chegar unha imaxe tanto da vosa manualidade como do vosos debuxos a través do correo electrónico: barbonbiblio@gmail.com
Estaremos encantados/as de recibilas e de ir subindo ao blog todos os vosos traballos.
RETO #2 - TRAS AS FIESTRAS
Tras as fiestras. Que cousas estades a facer durante estes días de confinamento? Plasmade nun debuxo todas esas cousas que facedes a diario nas vosas casas. Podedes empregar a técnica e os materiais que máis vos gusten .
Con todos eses debuxos faremos un gran libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca. Deberá ser en tamaño A4 e en horizontal.
RETO #1 - ADIVIÑANDO EMOJIS
Reto dos Emojis. Bufino leva moitos días só na biblio do cole e, de tanto ler nos libros para pasar mellor estes días, ocorréuselle un xogo para vós! Seredes quen de adiviñar que títulos de libros infantís se esconden tras estes emojis? Moito ánimo! Podedes deixar as vosas respostas nos comentarios 😉.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)