luns, 15 de xuño de 2015

Frase da Semana



"Unha persoa necesitada debe ser axudada de corazón, sen mirar a súa relixión ou a súa nacionalidade. "

Irena Sendler


venres, 5 de xuño de 2015

Visita dun Poeta

O xoves 14 de maio estivo connosco un gran poeta, del, Fran Alonso dixo:"poeta que é capaz de contaxiar a poesía, de estendela a través da pel das persoas coma unha gripe invernal ...", como no, estamos a falar de Antonio García Teijeiro.
Visitou aos nenos de 5º e recitoulles poemas do seu libro "Un rato díxolle a Lúa".



Cos nenos de terceiro xogou cos versos.

Coñeceron a Honorato, o rato poeta, namorado da Lúa.

















Escoitaron o primeiro poema que lle fixo á Lúa.


E fixeron entre todos un poema a partir de dúas palabras que escolleron Ana e Catarina.
Conversou tranquilamente cas nenas e nenos de cuarto.


GRAZAS ANTONIO POLO FERMOSO DÍA QUE NOS DEDICACHES.

Frase da Semana

Biografía
"Un non é o que é polo que escribe senón polo que leu"




venres, 29 de maio de 2015

Frase da Semana

A súa vida





«Un pequeno paso para o home, un gran paso para a humanidade»

                     


martes, 26 de maio de 2015

21 de marzo DÍA DA POESÍA

Este ano dedicámoslle o Día da Poesía a un gran mestre e escritor, Antonio García Teijeiro, as nenas e nenos do cole decoraron as portas e corredores cos versos dos seus poemas.


luns, 25 de maio de 2015

Bases do II Premio Literario Escolar

O Premio Literario Escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón nace coa intención de promover a creación literaria no ámbito escolar, ao amparo da inestimable labor dos mestres/-as na procura do pracer da lectura e da escrita.
  1. Poderán concorrer ao II Premio Literario escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón os alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do Centro.
  2. Tras do proceso de selección realizado polos mestres/-as titores/-as, poderán concursar un máximo de 4 traballos por aula.
  3. Os traballos deben estar en lingua galega e serán narrativos e rigurosamente orixinais e inéditos (non vale recompilación de contos populares, reelaboración de contos…).
  4. A extensión mínima será de media carilla e a máxima dunha carilla e media, e serán feitos na aula.
  5. Os traballos seleccionados para os premios deberán ser entregados pasados a ordenador (letra Times New Roman, 12, a dobre espazo).
  6. O tema será libre.
  7. Enviaranse copias do orixinal para cada un dos membros do xurado. En todas elas figurará o nome do traballo, un pseúdonimo e o curso ao que pertence o alumno/-a. Nun sobre pechado (plica), no que no exterior só aparecerá un pseudónimo, introducirase unha nota cos datos. As copias e a plica correspondente entregaranse á coordinadora da Biblioteca do Centro.
  8. O xurado cualificador estará composto por un pai ou unha nai (elixido entre as familias do alumnado de 5º e 6º de primaria), un membro do equipo da biblioteca, un membro do equipo de Dinamización Lingüística e o escritor Agustín Fernández Paz.
  9. O prazo de admisión será ata o 15 de maio. Quedarán excluídos aqueles que se entreguen fóra de data.
  10. Os primeiros premios desta segunda edición serán publicados no blogue da biblioteca.
  11. Os premios serán os seguintes:
a) 1º premio: dous libros en galego
     b) 2º premio: un libro en galego.

  1. O feito de presentarse ao Premio Literario da Biblioteca de Centro do García Barbón obriga aos concurrentes a respectar as presentes bases.
  2. Os traballos orixinais serán devoltos ao titor/-a para que os entregue aos alumnos/-as participantes. Non se admitirán reclamacións sobre os mesmos.

venres, 8 de maio de 2015

MARATÓN DEL QUIJOTE




Ademais podedes escoitar toda a maratón na Radio do Cole aquí vos deixo o enlace.
Que disfrutedes e MOITAS GRAZAS a todas e todos pola vosa colaboración. 
Foi unha experiencia moi bonita.

Frase da Semana

Vida de Napoleón

"Na vitoria merecémolo, 


na derrota 


necesitámolo"



domingo, 3 de maio de 2015

Día do Libro

Este ano conmemorando o IV Centenario da publicación da segunda parte de "Don Quijote de la Mancha" novela escrita polo español Miguel de Cervantes Saavedra. Publicada a súa primeira parte co título de "El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha" a comezos de 1605. 
Que comeza así "En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor..."  
En 1615 apareceu a súa segunda parte co título de "El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha"
Celebramos o Día do libro ao longo da semana do 20 ao 24 de abril realizando unha serie de actividades nas que colaborou e participou toda a comunidade educativa.
 




Na aula das Tics os nenos xogaron cos personaxes do libro nunha serie de actividades online.



Na biblioteca cada curso mirou o capítulo que estivo traballando, dunha serie de debuxos animados adaptación da obra. Aquí temos o primeiro capítulo.





E xogando coñecemos mellor os personaxes, o vocabulario, e frases do Quijote.




A partir duns debuxos e dunhas descricións de Sancho Panza e Don Quijote os nenos de primeiro a cuarto fixeron os seus propios retratos. Foron todos uns artistas !!!





DEBUXARON A SANCHO




DEBUXARON A DON QUIJOTE





Os alumnos de 5º e 6º a partir da descrición que o propio Cervantes fai de si mesmo no prólogo das " Novelas Ejemplares" fixeron o retrato do autor.

venres, 27 de marzo de 2015

Frase da Semana


Hypatia de Alejandría



"RESÉRVATE O DEREITO DE PENSAR: MESMO EQUIVOCARSE É MELLOR QUE NON PENSAR NADA"


HYPATIA

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O día Mundial do Teatro creouse en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (IIT). Celébrase anualmente o 27 de Marzo polos centros do IIT e a comunidade teatral internacional.

Para celebrar este día as alumnas e alumnos de 2º A prepararon xunto coa súa titora Isabel Guillén unhas obras de teatro, fixemos un vídeo para que poidades ver o ben que o fixeron.



xoves, 26 de marzo de 2015

MULLERES NA LITERATURA

Do 9 ao 13 de marzo celebramos na biblioteca a semana das MULLERES NA LITERATURA para celebrar o Día Internacional da Muller Traballadora.

Os de 4º de E.I. tiveron a sorte de que a escritora Beatriz Fraga, mestra de infantil no cole, lles lera o seu conto e xogaron coloreando a Marcelo.

















 


Tamén  traballaron a temática da igualdade a través dos contos:



 




A través dun xogo de pistas fomos buscando e atopando mulleres traballadoras(escritoras, ilustradoras, científicas, tradutoras, mestras, periodistas, gastrónomas, cartelistas, pedagogas, diplomáticas, poetísas, narradoras,...) coa axuda d@s nen@s do cole, Bufino foinas atopando a todas elas.

As nenas e nenos de 1ºe 2º localizaron a unha escritora moi famosa.

FINA CASALDERREY


Os de 3º localizaron a unha grande ilustradora.

Mª FE QUESADA




 Os de 4º localizaron a toda unha Premio Nobel de Literatura.

GABRIELA MISTRAL













Os de 5º e 6º localizaron a unha máxica escritora.

J.K. ROWLING
 






Cando tivemos a todas elas localizadas confeccionamos un mural onde colocamos unha foto de cada unha delas, algo da súa vida e da súa obra.