Este curso dende a biblioteca estamos a traballar a alimentación. Aproveitamos o nadal
para realizar unhas deliciosas receitas. Tomade nota porque están todas
boísimas!!
venres, 21 de decembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
mércores, 31 de outubro de 2018
FORMACIÓN USUARIOS
E non olvidedes que...
martes, 30 de outubro de 2018
martes, 16 de outubro de 2018
xoves, 20 de setembro de 2018
Benvidos a biblioteca
Estimadas familias:
Un curso máis, dámosvos a benvida invitándovos a participar connosco.
Lembrámosvos que a partir de outubro a biblioteca do Centro recuperará o seu horario de tarde para que poidades utilizar os servizos de PRÉSTAMOS e DEVOLUCIÓNS.
LUNS, MÉRCORES E XOVES DE 17 A 18 HORAS
Un saúdo
O equipo de biblioteca
mércores, 30 de maio de 2018
mércores, 23 de maio de 2018
mércores, 16 de maio de 2018
O venres pasado visitou a biblioteca a autora de "Escarlatina", a cociñeira defunta", un libro moi ameno que nos consta a historia de Román Casas e do agasallo tan singular que recibiu no seu décimo aniversario.
O alumnado de cuarto quedou encantado coa infinidad de anécdotas do seu avó (a morte dos balóns, a colección estrafalaria, o seu pasatempo favorito... ) e que inspirou a un dos personaxes principais do libro. Con cada pequeno relato, sacounos un tímido sorriso.
Ademais tivemos tempo para facerlle preguntas e para compartir inquedanzas. Adiantounos o título do seu próximo libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", informounos do concurso relacionado co libro e asinounos algúns dos seus libros.
Unha visita moi interesante e unha escritora... fantástica
mércores, 2 de maio de 2018
mércores, 25 de abril de 2018
mércores, 11 de abril de 2018
DÍA
DA POESÍA
Como
sabedes, o pasado día 21 de Marzo celebrouse o Día da poesía. Para conmemorar esta data Bufino prantexou unha
actividade conxunta para Educación Infantil e Primaria. Facer unha
representación plástica dun fragmento do poema do libro “Eu conto, ti canta” de Mª
Victoria Moreno que reúne
tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía:
- “Xa non
teño medo”: Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai
deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o
sosego na terra escura
- “Can
branco, can negro”: Nicolau é un
canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que
Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun
arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino.
- “¿Un
cachiño de bica?”: Iván coida a
Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica.
Estes foron os increíbles
resultados!
Visita de Jacobo Fernández Serrano
Este
pasado venres 6 de abril visitounos o creador de “Mil cousas poden pasar” para
contarnos curiosidades dos seus personaxes e ilustrounos con Hedión, personaxe
querido entre o noso alumnado de 6º EP.
Gozamos
moito coa súa charla, contestou a todas as nosas preguntas e ao final asinou os
nosos libros.
mércores, 21 de marzo de 2018
Club de lectura
Trala lectura
no 1º trimestre do libro “O meu gato é un poeta”, unha tarefa que rematamos cun obradoiro de
cociña, comendo un rico gato de biscoito,
e a visita do seu autor; continuamos co noso club de lectura e o libro
de “Coraline” de Neil Gaiman:
“Al día siguiente de mudarse de casa, Coraline
explora las catorce puertas de su nuevo hogar. Trece se pueden abrir con
normalidad, pero la decimocuarta está cerrada y tapiada. Cuando por fin
consigue abrirla, Coraline se encuentra con un pasadizo secreto que la conduce
a otra casa tan parecida a la suya que resulta escalofriante.
Sin embargo, hay ciertas diferencias que llaman su
atención….”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)