martes, 30 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

Durante a semana do libro, nas aulas de Educación Infantil, levamos a cabo a actividade de familias lectoras. Moitas grazas a todas as familias que se animaron a participar, quedamos encantados/as!


Tamén aproveitamos esta data sinalada para levar a cabo a actividade de apadriñamento lector, na que participou todo o alumnado do noso centro. Saimos ao patio en busca dun recuncho acolledor e alí os padriños e madriñas, que ao rematar o conto recibiron un marcapáxinas como agradecemento, léronlle un conto aos seus afillados/as. A actividade foi todo un éxito, senón botade unha ollada ás imaxes:


Para rematar bailamos e cantamos todos xuntos unha canción que prepararon nas clases de música coa profe Laura. Moitas grazas pola sorpresa!


mércores, 10 de abril de 2019

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE


Aproveitando a celebración, o 7 de abril, do día mundial da saúde, Bufino animounos a elaborar uns canapés con consellos saudables que están expostos no corredor do segundo andar. Saíron propostas tan orixinais como estas:

- Menos azucre e máis vexetal que a vida sa é fundamental.
- O sal con moderación para unha boa alimentación.
- Se queres unha vida saudable, unha chuche é intocable.
- Para unha dieta equilibrada, hai que comer un pouco de cada.

luns, 8 de abril de 2019

VISITA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


O alumnado de cuarto de primaria tivo a sorte de poder coñecer a Antonio García Teijeiro con quen Paseniño, paseniño puideron seguir o camiño da poesía. Moitísimas grazas!