martes, 27 de setembro de 2022
LONGORETA Y LINGORETO
Bufino quere presentarvos un libro que temos na Biblio do García Barbón, "Lingoreta y Lingoreto. Respiración" . Este é un conto 📖 e unha canción 🎶 que se presenta nas escolas infantís para que os pequenos aprendan acerca da importancia da respiración nasal👃🏼 mediante unha actividade lúdica e didáctica.
Tamén inclúe unha escala📝 de observación da respiración de nenos e nenas por parte da familia e do contexto do fogar, para que, se sospeitan dunha posible respiración bucal, acudan ó seu pediatra.
🧠 A misión é concienciar a comunidade educativa, familias e persoal no ámbito sanitario da importancia que ten unha correcta respiración nasal, conseguindo así reducir os casos de respiración bucal que no centro Lingoreta veñen detectando a edades xa avanzadas e con graves repercusións na calidade da vida dos menores (desenvolvemento incorrecto da mandíbula, deficitaria oxigenación cerebral, descanso non reparador, repercusións a nivel de aprendizaxe no entorno escolar).
🚀Que lugares increíbles visitarán Lingoreta y Lingoreto? 🙆🏻♀️🙆🏻♂️
B
🤳Recordade: se tedes algunha dúbida sobre a respiración dos vosos fillos/as podedes contactar por email ou Instagram co centro Lingoreta.
mércores, 14 de setembro de 2022
BENVIDOS DE NOVO A TODOS E A TODAS!!!
Bufino quere darvos a benvida! Esperamos que pasásedes bo verán e que veñades con moita forza! para iso recompilamos unha serie de libros que seguro que vos fai máis ameno o inicio de curso.
Un saúdo do moucho, vémonos na Biblio!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)