Aproveitando o día das bibliotecas escolares, fixemos unha xornada de formación para o noso alumnado, na que tiveron que ir resolvendo distintos retos mentres traballaban de maneira cooperativa. Aquí vos deixamos algunhas imaxes:
Xa temos na nosa biblioteca unha exposición de libros de medo para o Samain. Os destinatarios e destinatarias serán os nenos e nenas que se acheguen á biblioteca nos próximos días!!!
Desde fai varios días podedes disfrutar na biblioteca dunha fantástica exposición de libros de ciencia "Química na cociña" cedida polo CFR de Vigo. Estos libros non se poden prestar pero podense consultar na biblioteca.
Estimadas familias: Un curso máis, dámosvos a benvida invitándovos a participar connosco. Lembrámosvos que a partir de outubro a biblioteca do Centro recuperará o seu horario de tarde para que poidades utilizar os servizos de PRÉSTAMOS e DEVOLUCIÓNS.
Informámosvos que o peche da biblioteca, así como os diferentes servizos que ofrece, realizarase o Venres 1 de xuño, polo que todos os materiais bibliográficos e audiovisuais deben ser devoltos antes desta data.