Dende o equipo de biblioteca queremos invitarvos a participar na actividade "UN QUILO, UN LIBRO". Unha campaña solidaria que consiste no intercambio de alimentos non perecedoiros por libros de segunda man. A actividade levarase a cabo ao longo da vindeira semana, do 9 ao 13 de marzo. Poderedes facer o intercambio na aula de usos múltiples, en horario de 9:00 a 9:30 ou de 13:30 a 14:00. Os alimentos recollidos serán doados ao banco de alimentos. Animádevos a participar!
A nosa compañeira Bea Fraga ten novidades, unha edición electrónica que recolle un orixinal ensaio sobre o emprego da indumentaria como recurso simbólico e estético nun dos contos máis populares da literatura como é A bela dormente. Podedes acceder a súa descarga gratuíta premendo na imaxe.
A nosa compañeira Almudena Janeiro, mestra de Primaria no cole e autora de Máis contos en cantos, visitou as aulas de Infantil, 1º e 2º de Primaria cunha sesión de contos e música. Moitas grazas Almudena, volve pronto!