luns, 27 de abril de 2020

RETO SUPERADO!

Bufino segue a recibir imaxes dalgúns dos retos que propuxo! Grazas Lena, Clara e Julia por participar! Un biquiño de parte de Bufino.


HISTORIAS DE TÍTULO

Alumnos/as de 4º A de Primaria quixeron compartir con nós unha actividade moi orixinal. Monstráronnos cales eran algúns dos seus libros favoritos a través dunha pequena historia a partir dos seus títulos. Moitas grazas nenos/as por este traballo e non perdades nunca ese gusto pola lectura.
Preme na imaxe para acceder aos vídeos.

venres, 24 de abril de 2020

MÁIS CONTOS PARA ESTES DÍAS

Queremos pechar esta semana do libro cunha serie de ligazóns. Botádelle unha ollada que seguro que atopades cousas moi interesantes!

Por unha banda, o blog Aprendiendo juntos, da mestra Mª Carmen Sáez Moreno, no que podedes atopar unha selección de contos moi interesantes cos que pasar un bo tempo en familia.


Por outra banda, o blog do autor Antonio García Teijeiro, onde poderedes mergurllarvos de cheo na súa poesía a través de diferentes vídeos da man do propio autor. Moitas grazas Antonio por achergarnos, unha vez máis, aos teus versos.


E, por último, para os amantes da banda deseñada, deixamos un blog no que atoparedes diferentes títulos que poden ser do voso interés.

Amazon.com: Blank Comic Book For Kids : Create Your Own Comics ...

Recordade sempre que ler é soñar cos ollos abertos.
FELIZ SEMANA DO LIBRO!

IL PICCOLO CONIGLIO BIANCO

Martín, un alumno de 4º B de Primaria, quixo compartir con nós a lectura deste conto coñecido por todos/as, pero nesta ocasión en italiano. Moitas grazas Martín!

Para escoitar o conto, preme na imaxe.

mércores, 22 de abril de 2020

CONTACONTOS PROFE ALMUDENA

Que mellor forma de celebrar a semana do libro que cun contacontos para os máis pequenos/as por parte da nosa compañeira Almudena Janeiro. Mariluz Avestruz contado con moitas sorpresas, ídesvolo perder? Moitas grazas compañeira por prestarte a facer estas cousas!

Preme na imaxe para desfrutar do conto.

martes, 21 de abril de 2020

DE RETO EN RETO

Adai un alumno de 4º EP A quixo compartir con nós un dos seus libros favoritos, respondendo ao reto de Bufino... pero fíxoo dun xeito moi especial, codificou o seu título! Seguide as súas instrucións para dar co libro. Non dubidedes en escribirlle a Adai as vosas respostas.