xoves, 23 de xuño de 2022

ATA O CURSO QUE VEN!

BUFINO QUERE AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN COA BIBLIO E FACERVOS UN AGASALLO EN COMPENSACIÓN POR ISO E POR REALIZAR Os BUFIRETOS CON ÉXITO. TAMÉN BUFINO QUERE DAR UN AGRADEDECEMENTO ESPECIAL AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO DE 5º E 6º E DESEXARLLES A ESTES ÚLTIMOS UNHA MOI BOA NOVA ETAPA NO INSTITUTO. QUE PASEDES BO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO.

venres, 10 de xuño de 2022

Día Mundial dos Océanos

O pasado mércores 8 de Xuño celebrouse o día Mundial dos Océanos. Este ano como sabedes o lema do cole foi " Bótalle unha man ao mar" e para conmemoralo todos os cursos expuxeron o que fixeran para saber como lle botaron eles unha man ao mar. Este foi o resultado e poderédelo atopar na entrada do colexio. Espero que vos guste!

luns, 30 de maio de 2022

CONTACONTOS E TALLER DO LIBRO " PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO"

O outro día acompañounos Jessica Rodríguez Piñeiro para lernos o seu propio conto " Peúgo, o calcetín Melenudo" ó alumnado de 2º de primaria. Despois do contacontos fixeron un taller. Os rapaces e rapazas encantoulles!

domingo, 1 de maio de 2022

UN MAR DE LECTURAS

Para conmemorar o día do libro Bufino quixo que todo o alumnado e profesorado fixeramos fotos con moitísimos libros da biblioteca e ahora podemos velas cando vaíamos a ela. Quedaron xenial, eres quen de atoparte?

martes, 26 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Non vos perdades a selección que fixemos dende a bibliotea para conmemorar o día do libro. Nesta exposición podedes atopar dende libros moi antigos como " El primer manuscrito" da editorial Dalmáu ata libros de arte relacionados coa edición dun libro.