xoves, 24 de novembro de 2022
VISITA DE ANDREA MACEIRAS
ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO COLE PARA PRESENTAR AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA O SEU LIBRO DO ITINERARIO LECTOR "CONTA NOVE ESTRELAS". A AUTORA FIXO UNHA PRESENTACIÓN DA SÚA OBRA E DEDICÓUNOS "ALMA DE ELEFANTE" QUE TAMÉN FIGURA NO CATÁLOGO DA NOSA BIBLIOTECA.
venres, 21 de outubro de 2022
BENVIDOS A BIBLIOTECA!!!
O luns 24 de Outubro celebramos o día Internacional das bibliotecas, e Bufino abre as súas portas.
Estades todos convidados!
martes, 27 de setembro de 2022
LONGORETA Y LINGORETO
Bufino quere presentarvos un libro que temos na Biblio do García Barbón, "Lingoreta y Lingoreto. Respiración" . Este é un conto 📖 e unha canción 🎶 que se presenta nas escolas infantís para que os pequenos aprendan acerca da importancia da respiración nasal👃🏼 mediante unha actividade lúdica e didáctica.
Tamén inclúe unha escala📝 de observación da respiración de nenos e nenas por parte da familia e do contexto do fogar, para que, se sospeitan dunha posible respiración bucal, acudan ó seu pediatra.
🧠 A misión é concienciar a comunidade educativa, familias e persoal no ámbito sanitario da importancia que ten unha correcta respiración nasal, conseguindo así reducir os casos de respiración bucal que no centro Lingoreta veñen detectando a edades xa avanzadas e con graves repercusións na calidade da vida dos menores (desenvolvemento incorrecto da mandíbula, deficitaria oxigenación cerebral, descanso non reparador, repercusións a nivel de aprendizaxe no entorno escolar).
🚀Que lugares increíbles visitarán Lingoreta y Lingoreto? 🙆🏻♀️🙆🏻♂️
B
🤳Recordade: se tedes algunha dúbida sobre a respiración dos vosos fillos/as podedes contactar por email ou Instagram co centro Lingoreta.
mércores, 14 de setembro de 2022
BENVIDOS DE NOVO A TODOS E A TODAS!!!
Bufino quere darvos a benvida! Esperamos que pasásedes bo verán e que veñades con moita forza! para iso recompilamos unha serie de libros que seguro que vos fai máis ameno o inicio de curso.
Un saúdo do moucho, vémonos na Biblio!!!
venres, 1 de xullo de 2022
PODCAST LETRAS GALEGAS
Polas Letras Galegas o homenaxeado foi Florencio Delgado, e moito do alumnado do GARCIBÓN quixo facerlle un pequeno homenaxe con este podcast.
Espero que vos guste!
https://www.ivoox.com/letras-galegas-audios-mp3_rf_87994495_1.html
xoves, 23 de xuño de 2022
ATA O CURSO QUE VEN!
BUFINO QUERE AGRADECERVOS A VOSA COLABORACIÓN COA BIBLIO E FACERVOS UN AGASALLO EN COMPENSACIÓN POR ISO E POR REALIZAR Os BUFIRETOS CON ÉXITO.
TAMÉN BUFINO QUERE DAR UN AGRADEDECEMENTO ESPECIAL AOS VOLUNTARIOS DA BIBLIO DE 5º E 6º E DESEXARLLES A ESTES ÚLTIMOS UNHA MOI BOA NOVA ETAPA NO INSTITUTO.
QUE PASEDES BO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO.
venres, 10 de xuño de 2022
Día Mundial dos Océanos
O pasado mércores 8 de Xuño celebrouse o día Mundial dos Océanos.
Este ano como sabedes o lema do cole foi " Bótalle unha man ao mar" e para conmemoralo todos os cursos expuxeron o que fixeran para saber como lle botaron eles unha man ao mar. Este foi o resultado e poderédelo atopar na entrada do colexio.
Espero que vos guste!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






