venres, 28 de abril de 2023
APADRIÑAMENTO LECTOR
Polo día do libro, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un apadriñamento lector ao resto dos cursos. Para iso os padriños e madriñas prepararon a lectura dos libros escollidos polos seus afillados con moito esmero e cariño e sen dúbida foi un grande éxito. En agradecemento, os lectores e lectoras recibiron un marcapáxinas feito polo alumnado máis novo do centro.
Bufino espera que tivérades un gran día do libro!
mércores, 22 de marzo de 2023
DÍA MUNDIA DA POESÍA
O 21 me marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, e foi declarado pola UNESCO en 1999, " co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e aumentar a oportunidade de escoitar as linguas en perigo de extinción"
Xa podes ver na nosa biblioteca a exposición de libros de poesía!
mércores, 15 de marzo de 2023
DÍA INTERNACIONAL DAS MATEMÁTICAS
En moitos países, o 14 de Marzo xa se viña celebrando como o Día de Pi, polo que a UNESCO consolida o recoñecemento actual das matemáticas polo seu importante papel para facer frente aos desafíos do noso tempo.
mércores, 8 de marzo de 2023
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe, 8 de Marzo, celebramos o Día Internacional da Muller. Para iso cada unha das clases realizou un traballo bibliográfico sobre mulleres relacionadas co espazo. Cos distintos traballos confeccionouse o mural que está na corticeira da entrada do colexio. Ademáis disto, na biblioteca están expostos os libros dos que dispón sobre a temática da muller e da igualdade.
luns, 6 de febreiro de 2023
BUFI RETOS DÍA DA PAZ
Esta semana pasada celebramos o día da Paz. Para iso fixemos unha exposición de diferentes libros sobre o tema. Tamén fixemos bufi retos cos libros " La paloma Mari Paz" e " Homiño de papel", os cales están expostos no corredor da biblioteca. Vinde a velos!!!
xoves, 22 de decembro de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








