xoves, 10 de abril de 2014

CONCURSO LITERARIO


O Premio Literario Escolar da Biblioteca de Centro e do Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. García Barbón nace coa intención de promover a creación literaria no ámbito escolar, ao amparo da inestimable labor dos mestres/as na procura do pracer da lectura e da escrita

1. Poderán concorrer ao I Premio Literario escolar da Biblioteca de Centro do García Barbón os alumnos do 2º ciclo e do 3º ciclo de primaria do centro.


2. Tras do proceso de selección realizado polos mestres titores, poderán concursar un máximo de 4 traballos por aula.

3. Os traballos deben estar en lingua galega e serán narrativos e rigurosamente orixinais e inéditos. (Non vale recompilación de contos populares, reelaboración de contos…)


4. A extensión mínima será de media carilla e a máxima dunha carilla e media.


5. Os traballos seleccionados para o premio deberán ser entregados pasados a ordenador (letra Times New Roman, Corpo 12) a dobre espazo.


6. O tema será libre.


7. Enviaranse copias do orixinal para cada un dos membros do xurado. En todas elas figurará o nome do traballo, un pseudónimo e o curso ao que pertence o alumno/-a. Nun sobre pechado (plica), no que no exterior só aparecerá un pseudónimo, introducirase unha nota cos datos. As copias e a plica correspondente entregaranse á coordinadora da Biblioteca de Centro.


8. O xurado cualificador estará composto por un pai, unha nai, un membro do equipo da biblioteca e un membro do equipo de Normalización lingüística.


9. O prazo de admisión será o 25 de abril.. Quedarán excluidos aqueles que se entreguen fora de data.


10. Os traballos premiados nesta primeira edición serán publicados na revista escolar e no blogue da biblioteca.


11. Os premios serán os seguintes:
1º premio: dous libros en galego.
2º premio: un libro en galego.

12. O feito de presentarse ao Premio Literario da Biblioteca de Centro do García Barbón obriga aos concurrentes a respectar as presentes bases.



13. Os traballos orixinais serán devoltos ao titor/-a para que os entregue aos alumnos/-as participantes. Non se admitirán reclamacións sobre os mesmos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario