mércores, 28 de xaneiro de 2015

CERTAME RELATO CURTO

III Certame de Relato Curto

A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza o III Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame, está dirixido ao alumnado e ás súas familias dos centros públicos da provincia de Pontevedra. 
Libro do II Certame
O prazo para a presentación de textos finaliza o 28 de febreiro e as bases do concurso consultaranse na web da FANPA: http://www.nontedurmas.org/ e as obras poderán enviarse ao correo certame.relatocurto@nontedurmas.org
Establécense catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos e o xurado seleccionará ata un máximo de cen finalistas, dos que se designarán os catro gañadores, un por cada sección.
Os gañadores e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus textos deseñado e producidos pola editorial Kalandraka. Ademais, os premios para cada categoría constan dun vale de 200 euros e dun lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Marc Taeger. O obxectivo desta proposta é que a lingua galega estea presente na vida cotiá e familiar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario