O xoves 14 de maio estivo connosco un gran poeta, del, Fran Alonso dixo:"poeta que é capaz de contaxiar a poesía, de estendela a través da pel das persoas coma unha gripe invernal ...", como no, estamos a falar de Antonio García Teijeiro.
Visitou aos nenos de 5º e recitoulles poemas do seu libro "Un rato díxolle a Lúa".
Cos nenos de terceiro xogou cos versos.
Coñeceron a Honorato, o rato poeta, namorado da Lúa.
Escoitaron o primeiro poema que lle fixo á Lúa.
E fixeron entre todos un poema a partir de dúas palabras que escolleron Ana e Catarina.
Grazas ao equipo de Biblioteca por achegarnos á poesía. Os/as nenos/as de 4º quedamos moi contentos de poder compartir uns minutos con Antonio García Teijeiro "O noso poeta favorito"
ResponderEliminar