DÍA
DA POESÍA
Como
sabedes, o pasado día 21 de Marzo celebrouse o Día da poesía. Para conmemorar esta data Bufino prantexou unha
actividade conxunta para Educación Infantil e Primaria. Facer unha
representación plástica dun fragmento do poema do libro “Eu conto, ti canta” de Mª
Victoria Moreno que reúne
tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía:
- “Xa non
teño medo”: Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai
deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o
sosego na terra escura
- “Can
branco, can negro”: Nicolau é un
canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que
Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun
arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino.
- “¿Un
cachiño de bica?”: Iván coida a
Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica.
Estes foron os increíbles
resultados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario